martes, 8 de noviembre de 2011

Soño liberdade.
Quero liberdade.
Teño dereito á liberdade.
Esixo liberdade.
Pido liberdade.
Perdo liberdade.
E soño.
E penso.
E pido.
E perdo.
 E non hai máis ca
NADA
ao outro lado do muro
E volve unha e outra vez á rutina doutro día morno, tépedo e canso.
E foxe dos sentidos que che alertan da dor e do fume. Ignora o ruído, imaxina a música.
Todo o que hai está dentro, nada existe fóra da realidade.
Somos tal e como somos
Pensamos como pensamos.
Existimos como existimos, non doutra maneira.
Non podes cambiar a túa percepción, a túa percepción pode cambiarte.
Durme baixo un teito opaco.
Non coñezas nada senón a ti mesmo, e nin sequera a ti mesmo te coñezas, pois poderías odiarte demasiado como para seguir vivindo coa túa persoa.
Non saias do camiño, pois ser distinto doe demasiado. Non soportarás os xuízos. Non te convencerás a ti mesmo.
Volve ao rabaño.
E volve outra vez á rutina doutro día morno, tépedo e canso.